TRABALLO E CALOR


 

Portada_cartel_EstresTer-GAL-V8O estrés térmico é a causa dos diversos efectos patolóxicos que se producen cando se acumula excesiva calor (tensión por calor) ou se elimina excesiva calor (tensión por frío) no corpo humano. Entendemos por estrés térmico a presión que se exerce sobre a persoa ao estar exposta a temperaturas extremas e que a igualdade de valores de temperatura, humidade e velocidade do aire, presenta para cada persoa unha resposta distinta dependendo da susceptibilidade do individuo e a súa aclimatación.

Para avaliar os riscos da exposición á calor débese ter en conta tanto a carga neta de calor á que os traballadores están expostos e que resulta da contribución combinada das condicións ambientais do lugar onde traballan, a actividade física que realizan e as características da roupa que levan, como a resposta fisiolóxica do corpo humano para manter a temperatura interna no rango adecuado. 

Esta campaña do ISSGA sobre traballo e calor conta con material informativo dirixido a traballadores daquelas actividades nas que pode haber sobrecarga térmica de xeito permanente polo tipo de actividade ou na época estival pola influenza da temperatura exterior, incidindo especialmente nos principais factores de risco e nas medidas preventivas e actuacións básicas. 

  • Triptico: recolle os efectos da calor no noso corpo, como evitar os seus danos, os postos de traballo nos que pode hacer ese risco por calor, que debemos facer nos traballos ao aire libre no verán e como actuar ante un golpe de calor.
  • Cartel: se recollen como evitar danos nos traballos ao aire libre durante o verán e que facer ante un golpe de calor