Novo coronavirus (2019 n-CoV)


O Comité de Emergencias del Reglamento Sanitario Internacional (RSI, 2005) declarou o actual brote de novo coronavirus 2019 (n-CoV) como unha Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional ( ESPII) na súa reunión do 30 de xaneiro de 2020.

Que é o novo coronavirus 2019 (n-CoV)?

É un novo tipo de coronavirus que pode afectar as persoas e detectouse por primeira vez en decembro de 2019 na cidade de Wuhan, provincia de Hubei, en China. Aínda hai moitas cuestións que se descoñecen en relación ao 2019 ( n- CoV).

Cales son os síntomas do 2019 (n-CoV)?

Os síntomas máis comúns inclúen tose, dor de garganta, febre e sensación de falta de aire. En casos máis graves, a infección pode causar pneumonía, dificultade importante para respirar, fallo renal e mesmo a morte. Os casos máis graves, xeralmente ocorren en persoas anciás ou que padecen algunha outra enfermidade por exemplo, do corazón, do pulmón ou problemas de inmunidade.