Próxima publicación no DOG da orde que regula a tramitación electrónica dos procedementos do amianto en Galicia


Proximamente vaise publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde do 27 de xuño de 2018, pola que se regulan os procedementos e se aproban e se dá publicidade dos modelos de solicitude e comunicación, relativos aos traballos con risco de exposición ao amianto en Galicia.

Os procedementos incluidos na orde son os seguintes:

  • TR900A: Rexistro de empresas con risco por amianto da Comunidade Autónoma de Galicia: alta, baixa e variación de datos
  • TR900B: Aprobación de plans de traballo con risco por amianto
  • TR900C: Inicio de traballo con risco por amianto
  • TR900D: Rexistro dos datos da avaliación da exposición nos traballos con amianto

Informámoslle que a partir dese momento todas as solicitudes e comunicacións débense presentar obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes ou comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso de presentarse a solicitude ou comunicación presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude ou comunicación aquela na que fose realizada a emenda.

Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar connosco nos seguintes enderezos:

  • Servizos centrais en Santiago de Compostela: 881999397 / issga.hixiene@xunta.gal
  • Centro ISSGA da Coruña: 981182329 / issga.coruna@xunta.gal
  • Centro ISSGA de Lugo: 982294300 / issga.lugo@xunta.gal
  • Centro ISSGA de Ourense: 988386395 / issga.ourense@xunta.gal
  • Centro ISSGA de Pontevedra: 886218100 / issga.pontevedra@xunta.gal