Campaña de vacinación antigripal 2017


Dende o pasado 23 de outubro, estase desenvolvendo dende a Consellería de Sanidade a campaña de vacinación antigripal 2017 co obxectivo de diminuír entre a poboación de risco o número e gravidade das complicacións de padecer esta infección.

A gripe é unha enfermidade altamente contaxiosa, cunha nada desprezable mortalidade e morbilidade, e a vacinación continúa a ser a medida preventiva máis eficaz para minimizar o impacto do padecemento desta enfermidade. Se aínda non estás vacinado e pertences a un dos grupos de risco entre os que se recomenda a vacinación ( grupos nos que se inclúen as persoas que conviven, ou proporcionan coidados, a persoas con risco), invitámoste a acudir a un punto de vacinación, dos 900 habilitados en Galicia.

CARTEL GRIPE 2017_DEF (2))