ALERTA en traballos en cubertas con partes traslúcidas


Nunha semana na provincia de Pontevedra aconteceron dous accidentes moi similares, un con consecuencias mortais e outro que pudo selo. En ambos os dous casos dábanse circunstancias de falta de medidas de seguridade moi similares. Os dous traballadores sufriron unha caída de altura ao pisar en zonas non resistentes dunha cuberta metálica con parte da mesma formada por pranchas plásticas translúcidas (denominadas coloquialmente uralitas translucidas).

É importante prestar especial atención aos riscos de traballar sobre cubertas de materiais lixeiros e adoptar nos devanditos traballos medidas preventivas axeitadas:

- Realizar un estudo previo e planificación dos traballos a realizar, logo de avaliación dos riscos presentes no lugar de traballo.

- Formar e informar os traballadores do risco que supón pisar sobre as zonas e superficies fráxiles

- Utilizar plataformas elevadoras móbiles de persoas (PEMP) normalizadas

Soamente cando non sexa posible a aplicación das medidas anteriores, outras posibles medidas son: 

    - Habilitar zonas de traballo e de tránsito (pasarelas) apoiadas sobre os elementos resistentes da cuberta
    -  Instalar redes de seguridade de sistema horizontal con corda perimetral como medida complementaria, para a recollida de persoas en caso de caída ou solución equivalente
    -  Instalación de liñas de vida (normalmente sobre a cumieira) ou puntos de ancoraxe para a utilización de sistemas anticaídas. Os puntos de ancoraxe dos devanditos dispositivos terán a resistencia suficiente para garantir a súa efectividade. Os mosquetóns serán de peche automático. É necesario recordar o establecido no Rd 2177/04 no que se di: " (...) tendo en conta, en particular, que deberá darse prioridade ás medidas de protección colectiva fronte ás medidas de protección individual e que a elección non poderá subordinarse a criterios económicos".

Ademais, o empresario debe cumprir o deber de coordinación en materia de prevención de riscos laborais cos propietarios das edificacións.

Pode atopar máis informacion no documento de Alerta da páxina web do Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais