Avisos

Xornada técnica “Novas formas de formación en PRL. Gamificación e realidade virtual” nos Centro Issga da Coruña e Pontevedra


Os vindeiros 15 e 16 de febreiro terá lugar nos Centros Issga da Coruña e Pontevedra a xornada técnica "Novas formas de formación en PRL. Gamificación e realidade virtual.

Para máis información e inscricións pode consultar no apartado de formación desta páxina web ou dirixirse ao Centro do Issga onde terá lugar esta acción formativa.

Cursos básicos de prevención de riscos laborais nos Centros Issga da Coruña e Pontevedra


Do 19 ao 23 de febreiro terá lugar nos Centros Issga da Coruña e Pontevedra as primeiras edicións deste ano do curso básico de prevención de riscos laborais

Estes cursos teñen una duración de 35 horas e desenvolven o programa formativo establecido no anexo IV-B) do Regulamento dos Servizos de Prevención (Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) - 30 horas, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero de 5 horas y que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.

Xornada técnica "Sistema de incentivos para la disminución y prevención de la siniestralidad laboral" nos Centro Issga de Lugo e Ourense


Os vindeirso 22 e 23 de febreiro terá lugar nos Centro Issga de Lugo e Ourense a xornada técnica "Sistema de incentivos para la disminución y prevención de la siniestralidad laboral".

Para máis información e inscricións pode consultar no apartado de formación desta páxina web ou dirixirse ao Centro do Issga onde terá lugar esta acción formativa.

Campaña de vacinación antigripal 2017


Dende o pasado 23 de outubro, estase desenvolvendo dende a Consellería de Sanidade a campaña de vacinación antigripal 2017 co obxectivo de diminuír entre a poboación de risco o número e gravidade das complicacións de padecer esta infección.

A gripe é unha enfermidade altamente contaxiosa, cunha nada desprezable mortalidade e morbilidade, e a vacinación continúa a ser a medida preventiva máis eficaz para minimizar o impacto do padecemento desta enfermidade. Se aínda non estás vacinado e pertences a un dos grupos de risco entre os que se recomenda a vacinación ( grupos nos que se inclúen as persoas que conviven, ou proporcionan coidados, a persoas con risco), invitámoste a acudir a un punto de vacinación, dos 900 habilitados en Galicia.

CARTEL GRIPE 2017_DEF (2))