Participamos nun encontro sobre prevención de riscos laborals cos Centros Especiais de Emprego


TECENDO REDES DESDE A ECONOMÍA SOCIAL: ENCONTRO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Trátase dun encontro de hora e media, vía telemática, no que os Centros Especiais de Emprego e as demais entidades de Economía Social tentan dar resposta ás principais cuestións de interese para os distintos axentes (contratación pública, responsabilidade social corporativa, plans de igualdade, transparencia (compliance) e tamén a prevención de riscos laborais, entre outros).

Desde o ISSGA colaboramos nese evento coa participación de Adela Quinzá-Torroja. Xerente do ISSGA e Mª Jesús Copa Arias, xefa de sección de Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada do ISSGA, que darán as craves na xestión de riscos laborais e especialmente nestes tempos sobre os riscos sociolaborais en pandemia e postpandemia, dando continuidade así ao traballo que tanto interesou da última campaña presentada “Resgárdate dos riscos psicosociais na COVID-19 en centros especiais de emprego”.

Farán un percorrido das distintas colaboracións do ISSGA con CEGASAL en materia de SST, lembrando as campañas xa realizadas e as que se levarán a cabo en 2022. Especial mención á campañas en época de pandemia e referencia á Unidade de referencia Covid-19 do ISSGA.

Presentarán os aspectos máis relevantes da prevención dos riscos psicosociais e, en concreto, explicación da campaña "Resgárdate dos riscos psicosociais na COVID-19 nos centros especiais de emprego".

Por último, contestarán ás consultas e intercambiarán información e suxestións que se reciban dos participantes.

O obxectivo dende o Instituto é achegar coñecemento e o traballo desenvolvido nesta disciplina e que este encontro se caracterice pola participación dos asistentes, facendo chegar as súas consultas, inquedanzas, dificultades, propostas e suxestións, de xeito que o espazo sexa de todos e todas.