Novas publicacións do INSST


O INSST vén de publicar a seguinte documentación:

APP Segutractor

Segutractor é un simulador de condución de tractor destinado a formar na condución segura e no uso adecuado das medidas de protección (ROPS e cinto de seguridade), concienciando achega do risco de accidente por envorco e reforzando as condutas seguras.

Foi elaborado polo INSST no marco da campaña “A túa vida, sen vuelcos” da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo na que participa o ISSGA.

Esta aplicación permite seleccionar e combinar diferentes tipos de tractor e apeiro para experimentar o efecto do conxunto sobre a estabilidade, así como practicar en escenas de adestramento que recollen diferentes situacións perigosas e nun circuíto en terreo agrícola, para verificar as leccións aprendidas. Xérase un informe de resultados que indica o número de veces que se envorcou ou se estivo en situación de risco de envorco e a puntuación obtida.

Guía de actuación para a implantación de comportamentos seguros e saudables, xeradores de Cultura preventiva e de Excelencia

A resistencia ao cambio é connatural ao ser humano aínda que o cambio é permanente en todos nós. Atopámonos na era da información na que algúns paradigmas dos séculos XIX e XX que vimos arrastrando non nos serven, e por iso é preciso modificalos. Tórnase necesario incorporar formas de pensar que nos permitan un facer distinto para convivir con estes novos marcos e regras do xogo e, desta maneira, responder os desafíos do presente e dun futuro non tan afastado.

Comportamientos seguros y saludables