Participamos nunha xornada interadministrativa de PRL


11 de decembro de 2020. A subdirectora xeral Técnica e de Planificación do ISSGA, Encarna Sousa, participa hoxe na 14 edición destas xornadas interadministrativas de prevención de riscos laborais organizada pola Dirección Xeral de Función Pública do Ministerio de Política Territorial e realizada en formato virtual.

O obxectivo e finalidade destas xornadas consiste na presentación de estado de situación e eeflexións sobre o futuro da PRL, así como presentar iniciativas e experiencias desenvolvidas por calquera das Administracións Públicas en materia de Prevención de Riscos Laborais, coa finalidade de compartir exemplos que melloren e reforcen o compromiso das Administración neste campo. Trátase dun foro que que reúne a profesionais do campo da prevención como da xestión de recursos humanos da Administración, tanto AGE como administración autonómica e corporacións locais.

A xornada inclúe dúas mesas, unha delas da Administración e a outra dos axentes sociais; a primeira delas ten como obxecto de dar a coñecer e poñer o valor a accións e experiencias das Administracións para protexer ao seu persoal; é nesta mesa onde participa Encarna Sousa, para expoñer as actuacións levadas a cabo polo ISSGA en relación á COVID-19