Participación do Issga nas reunións da Comisión permanente e do Pleno da CNSST


15 de outubro de 2020. Esta semana tiveron lugar por videoconferencia sendas reunión da Comisión permanente e do Pleno da Comisión Nacional de Seguridade e e Saúde no Traballo (CNSST) os días 13 e 14 de outubro, nas que participaron M.ª Encarnación Sousa e Adela Quinzá-Torroja, subdirectora xeral Técnica e de Planificación e xerente do Issga, respectivamente.

Na xuntanza da Comisión permanente, entre outras cuestións, se analizou a modificación do RD 644/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo, se estudou un proxecto de real decreto sobre vixilancia da saúde no embarque marítimo e se valoraron varias propostas sobre os distintos grupos de traballo.

O ISSGA, coa participación nestes órganos e nos diversos grupos de traballo pretende dar respostas técnicas á problemáticas de riscos concretas, promover novas dinámicas, propiciar as necesarias reformas técnicas e/ou normativas e, en xeral, xerar, transmitir e compartir coñecemento técnico nos distintos aspectos da PRL e a promoción da saúde no traballo.