Participamos no Congreso Internacional ORP20 online


A xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García, participa neste evento cunha conferencia sobre "Plan de mellora da seguridade e saúde laboral para a pesca e actividades afíns en Galicia", que ten lugar hoxe, venres, 18 de setembro de 2020.

O Issga, dentro do seu obxectivo de información, divulgación e formación en materia preventiva, leva adiante accións de promoción da prevención de riscos laborais en colaboración con outras entidades que axuden a implantar unha auténtica cultura preventiva na nosa sociedade.

ORP20 on line

Baixo o lema "A paradoja da Prevención Preditiva nos tempos do coronavirus", este evento ten lugar do 16 ao 18 de setembro de 2020, na modalidade on line e está organizado por ORP Fundación Internacional, CERpIE e Easy Tech Global Colombia.

Na súa presentación faise referencia a esta pandemia que  está a deixarnos perdas humanas e desolación económica, pero tamén nos brindou a oportunidade de renormalizarnos,  mantendo unha esperanza fundamentada en alcanzar un futuro máis solidario e pleno para todos.

A pandemia que estamos a sufrir pode servir como catalizador da empresa saudable e por extensión da nova definición de traballo. Visto esto cunha mirada máis aguda que poña en valor os recursos intelectuais e creativos das persoas e relegue os esforzos físicos das mesmas a unha categoría mecánica, a transferir e realizar polas máquinas intelixentes que crearemos as persoas.

O paradigma da empresa saudable é que adecúa os seus requirimentos ás necesidades da sociedade en, por exemplo, a planificación da mobilidade e o uso racional de horarios, conxugando por unha banda a fluidez do datos de mobilidade e por outro as necesidades horarias dos traballadores. Todo isto axudaría a ir pechando o circulo virtuoso entre os desexos dos traballadores de conciliar a súa vida profesional e laboral, coas demandas dos horarios da sociedade e cos obxectivos temporais que debe cubrir a empresa.

Con ese congreso preténdese acadar unha mirada intelixente desde o futuro ao presente do traballo en clave de empresa saudable que nos mostre que esperamos das organizacións nun futuro próximo, co obxectivo de reducir riscos, incertidumes e mellorar a saúde e calidade de vida das persoas.