Participación do Issga na reunión no ámbito de traballo do Subgrupo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da CNSST


16 de setembro de 2020.  A esta reunión asiste por videoconferencia Raquel Blanco Silva, xefa do Servizo Técnico e de Planificación, e conta coa participación de persoal técnico da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e das comunidades autónomas.

O obxecto da reunión é expoñer aos representantes das CCAA na área técnica de prevención e extinción de incendios e salvamento un avance do texto resultado da toma de información realizada entre as organizacións e administracións que contan con Servizos de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento, para coñecer os aspectos máis relevantes relacionados coa forma na que se xestiona a prevención de riscos laborais.

A toma de información baséase na guía acordada no seo do Subgrupo de Traballo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, no que participan as organizacións empresariais e sindicais, a Administración do Estado e das Comunidades Autónomas. Centra o seu interese en actividades preventivas coma a avaliación de riscos asociados a estas actividades e a planificación e medidas de prevención e protección, o control das emerxencias durante as intervencións, a vixilancia da saúde, a formación e información e a investigación dos danos á saúde.

Este texto forma parte dun documento máis amplo que se está a elaborar entre todas as partes que integran o Subgrupo de traballo, que se constituíu tendo en conta a singularidade das actividades de prevención, extinción de incendios e salvamento co obxectivo de:

  • Estudar os riscos específicos das actividades de prevención, extinción de incendios e salvamento e as súas consecuencias
  • Elaborar propostas de medidas orientadas a mellorar a protección da seguridade e saúde deste colectivo de traballadores