Protocolo de medidas preventivas ante a COVID-19 nos servizos de transporte público regular de uso xeral de viaxeiros con reserva de prazas a favor de estudantes para o curso 2020-2021


A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade publicou a Resolución do 4 de setembro de 2020 pola que se aproba o Protocolo de medidas preventivas ante a COVID-19 nos servizos de transporte público regular de uso xeral con reserva de prazas a favor de estudantes para o curso 2020-2021 que producirá efectos a partir do día 10 de setembro de 2020.

A elaboración deste protocolo levouse a cabo coa colaboración e asesoramento do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA),  co obxectivo de facer do transporte regular con reserva de praza a favor de escolares un espazo saudable e seguro mediante o establecemento de medidas preventivas, colectivas e individuais, que deben adoptarse desde o inicio do curso escolar 2020/21, tanto como polos traballadores como polos usuarios do servizo, co obxectivo de protexer e previr o máximo posible a rega de contaxio por COVID-19.

Este protocolo é de aplicación aos concesionarios de contratos de servizo de transporte público regular de uso xeral de viaxeiros con reserva de prazas a favor de estudantes, ao persoal contratado por estes e aos usuarios de ditos servizos, tanto xerais como escolares con dereito de reserva de praza.