Guía ISSGA de recomendacións preventivas no ámbito laboral ante o coronavirus: recintos feriais


O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) no exercicio das súas funcións de asesoramento técnico, información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais, elabora esta “Guía de recomendacións preventivas no ámbito laboral ante o coronavirus”, no contexto actual tras o levantamento das medidas derivadas do estado de alarma como consecuencia da pandemia provocada pola COVID-19.

O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento das actividade relativas ao deseño, execución e xestión de reunións, incentivos, conferencias, congresos, eventos e feiras comerciais segundo as indicacións das autoridades sanitarias. Debe ser a base para elaborar un protocolo que recolla as medidas específicas que se deban adoptar en función das características de cada evento.

Descargas