Guía Issga de recomendacións preventivas no ámbito laboral ante o coronavirus: cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís


O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) no exercicio das súas funcións de asesoramento técnico, información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais, elabora esta “Guía de recomendacións preventivas no ámbito laboral ante o coronavirus”, no contexto actual tras o levantamento das medidas derivadas do estado de alarma como consecuencia da pandemia provocada pola COVID-19.

A guía elaborouse en resposta á solicitude de asesoramento da Asociación de profesionais de Galicia de vodas e eventos (APROGABE) contando coa súa colaboración, deberá actualizarse en función da normativa e indicacións das autoridades.

O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento da actividade nas cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís segundo as indicacións das autoridades sanitarias. Debe ser a base para elaborar un protocolo que recolla as medidas específicas que se deban adoptar en función das características de cada cerimonia ou celebración.