Prevención e saúde laboral nas gravacións de contidos audiovisuais e nos servizos e producións de eventos e espectáculos ante o coronavirus


Documentos nos que se recollen as recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o Coronavirus:

  • Montaxes audiovisuais de eventos en recintos estables ou temporais

Este asesoramento técnico do ISSGA préstase a solicitude e en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (AGATEC) e debe enmarcarse como documento en continua actualización e á espera das guías ou protocolos que ao efecto se poidan deseñar no plan integral para a reactivación do sector turístico pola Consellería de Cultura e Turismo, a Secretaría Xeral de Estado de Turismo, o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) e as autoridades sanitarias.

  • Gravacións de contidos audiovisuais

Este asesoramento técnico do ISSGA préstase a solicitude e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego e debe enmarcarse como documento en continua actualización e debe revisarse se se publican recomendacións que afecten o contido deste documento polas autoridades sanitarias e as autoridades competentes nesta materia tanto a nivel nacional como autonómico.