Impartimos formación ao alumnado do Obradoiro de Emprego Terras do Sor III no Vicedo


  • Persoal técnico do Issga realizou unha xornada sobre prevención de riscos laborais e primeiros auxilios.

O Vicedo (Lugo), 10 de febreiro de 2020. A xornada tivo un contido teórico e práctico e dirixiuse ao alumnado do Obradoiro de Emprego “Terras do Sor III” de Ourol, Vicedo e Muras. Os relatores da xornada foron  os técnicos do centro Issga_Lugo, Álvaro López Aenlle, xefe da Área técnica Seguridade no  Traballo e Hixiene Industrial e María García Díaz, técnica superior de prevención e enfermeira especialista en Enfermería do Traballo.

A actividade formativa dirixiuse a uns 20 alumnos das especialidades de carpintería e de atención sociosanitaria e tivo lugar na Casa da Cultura de O Vicedo.

O Issga, dentro do seu obxectivo de información, divulgación e formación en materia preventiva, leva adiante accións de promoción da prevención de riscos laborais en colaboración con outras entidades que axuden a implantar unha auténtica cultura preventiva na nosa sociedade.