Participamos na reunión de constitución do Grupo de Traballo de Fiscalidade do Consello Agrario Galego


Sergude, 5 de febreiro de 2020. Hoxe tivo lugar nas instalacións da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, sitas no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), a reunión de constitución do Grupo de Traballo do Consello Agrario Galego sobre Fiscalidade.

O ISSGA forma parte deste grupo de traballo coa participación de Ángel López Álvarez, xefe do centro ISSGA de Ourense.

O Consello Agrario Galego  é un órgano permanente de participación, asesoramento, diálogo e consulta do Goberno Galego en materia agraria e de desenvolvemento rural. É función do Consello Agrario Galego a creación dun marco institucional axeitado para favorecer e impulsar a participación e colaboración dos distinto axentes (representantes sindicais, institucións, administración, axentes sociais implicados, etc.), propiciando o intercambio de información e a busca de acordos nos asuntos de maior relevancia para o sector agrogandeiro de Galicia.

O Grupo de Traballo está formado polos distinto actores que inciden sobre este sector e dentro dos seus obxectivos está a análise das distintas situacións, en canto a fiscalidade e cotizacións á Seguridade Social, coas que se atopan todos aqueles que desenvolven a súa actividade no agro galego.

Nesta primeira reunión presentáronse por parte da Consellería do Medio Rural as medidas  que se están a estudar para a mellora das condición de fiscalidade no tocante a transmisións e sucesións. Tamén se propuxeron posibles liñas de traballo a desenvolver polo grupo no futuro inmediato.