Aberta a inscrición nos cursos do Issga Medidas preventivas para traballos en altura e Medidas preventivas para traballos en espazos confinados


O Issga organiza cinco cursos de Medidas preventivas para traballos en altura e outros cinco cursos de Medidas preventivas para traballos en espazos confinados de 8 horas, gratuítos. As datas e lugares de realización dos cursos son:

CURSO 1: Medidas preventivas para traballos en altura.

• 31 de outubro en Arteixo
• 5 de novembro en Lugo
• 7 de novembro Vilamarín - Ourense
• 12 de novembro en Santiago de Compostela
• 13 de novembro en Vigo

CURSO 2: Medidas preventivas para traballos en espazos confinados.
• 30 de outubro en Arteixo
• 4 de novembro en Lugo
• 6 de novembro en Vilamarín-Ourense
• 8 de novembro en Santiago de Compostela
• 11 de novembro en Vigo

Para ter máis información e inscribirse, ver o documento que se anexa.

Contacto: formacion@serinfor.eu e teléfono 618 806 790