Participamos nunha xornada sobre igualdade en Santiago


Santiago, 3 de outubro de 2019. Hoxe tivo lugar no Hotel NH Collection a xornada técnica “Empresa e igualdade, un plus para a competitividade”, organizada por APD.

A desigualdade laboral entre xéneros é un dos problemas máis perentorios da sociedade actual. xestión da igualdade da empresa é unha cuestión estratéxica e social e ha de integrarse como factor de competitividade empresarial.

Esta actividade formativa contou coa colaboración do ISSGA mediante a participación de Myriam Garabito Cociña, xefa da Sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas II do Centro ISSGA – Lugo, na primeira das mesas sobre como afrontan os distintos axentes implicados as políticas de igualdade nas empresas.

Mediante esta xornada tratouse de dar resposta, entre outras moitas, á cuestións como saber se a súa empresa está preparada ante unha denuncia por acoso sexual ou por razón de xénero, como evitar o risco reputacional implementando un protocolo contra o acoso eficiente, se realmente están comprometidas as empresas coa igualdade, que están a facer realmente as empresas en materia de igualdade para gañar na carreira pola competitividade ou cales son as medidas que se están impoñendo nas compañías máis avanzadas a teor dos novos tempos.