Informamos na Coruña das novidades sobre os sistemas de xestión da seguridade e da saúde no traballo


  • A xornada celebrouse hoxe venres, 27 de setembro, no Centro Issga da cidade herculina
  • Trasladouse a importancia da prevención de riscos laborais de cara á súa integración no sistema xeral de xestión das empresas, incluíndo o benestar do persoal como un obxectivo a conseguir

A Coruña, 27 de setembro de 2019. O Centro Issga da Coruña acolleu hoxe a xornada Sistema de xestión da prevención de riscos laborais: nova ISO 45001, na que se informou das novidades que esta norma introduce en materia de sistemas de xestión da seguridade e da saúde no traballo con respecto á anterior.

O obxectivo da xornada, que se dirixe a todos os sectores en xeral e a todo tipo de empresas, é destacar a importancia da prevención de riscos laborais de cara a súa integración no sistema xeral de xestión da empresa, incluíndo o benestar do persoal da organización como un obxectivo a conseguir.

A xornada abordou tanto as novidades da nova norma técnica; como as ferramentas a disposición das empresas, traballadores e servizos de prevención para facer máis doada esta xestión e integración da prevención de riscos laborais; así como un caso práctico de implantación na empresa dun sistema de xestión certificado onde se exporán as dificultades atopadas e a relación e compatibilidade con outros sistemas certificados de calidade e medio ambiente.