Talleres de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra


Durante os meses de setembro e outubro terán lugar 6 talleres gratuítos de prevención de riscos laborais no sector forestal, sobre o manexo seguro da motoserra.

Terán unha duración de 20 horas lectivas, repartidas en cinco xornadas.

Horario: de 16:00 a 20:00 horas.

Lugares:

  • Cervo (Lugo): do 16 ao 20 de setembro

  • Outeiro de Rei (Lugo): do 23 ao 27 de setembro

  • Riveira (A Coruña): do 30 de setembro ao 4 de outubro

  • Carballiño (Ourense): do 7 ao 11 de outubro

  • Cangas (Pontevedra): do 14 ao 18 de outubro

  • Frades (A Coruña): do 21 ao 25 de outubro

O obxectivo dos talleres é proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como a adquisición dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.

  • 6 cursos gratuítos de 20 horas, teórico-prácticos repartidos en 5 xornadas

  • Realización en concellos con especial actividade ou incidencia de sinistralidade no sector, poboación traballadora ou en formación con interese na materia, etc.

  • Plan de actividades do Issga 2019. Ficha 5.3: SECTOR FORESTAL, ACTIVIDADE DE SILVICULTURA. INDUSTRIA MADEIREIRA

Contido do curso

1.       Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e normativa relacionada. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA (1 hora)

2.       A prevención de riscos laborais no manexo da motoserra (4 horas)

a) Planificación dos traballos de aproveitamento

b) Corta polo pé e procesamento

c) Árbores sentadas e árbores apoiadas

3.       Os equipos de protección individual (EPI) (1 hora)

4.       A prevención de riscos laborais co tractor. Seguridade viaria no manexo de máquinas automotrices por estradas e camiños agrícolas e forestais (1 hora)

5.       Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente. PAS (1 hora)

6.       Práctica de campo. Manexo seguro da motoserra: montaxe e desmontaxe, mantemento e identificación dos dispositivos de seguridade; técnicas de apeo, derramado e tronzado (12 horas)

Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade forestal, agraria ou de xardinería.

Criterios de selección:

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

·         Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

·         Grupo con prioridade 2: resto de persoal.

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.

Solicitudes:

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II e da convocatoria que se atopa dispoñible en formato editable na web do Issga (Ficha de inscrición editable).

O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por taller.

As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:

  • Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal

  • Por entrega á empresa xestora, información nos teléfonos 981551704 e 659515371

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte

  • De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por curso. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.

Máis información nos teléfonos 981551704 e 659515371 ou no enderezo issga.formacion@xunta.gal