Presentamos as novidades do regulamento de almacenamento de produtos químicos no Centro do Issga de Pontevedra


Rande, 28 de xuño de 2019 Esta xornada da a coñecer as novidades do novo regulamento de Almacenamento de produtos químicos, publicado no Real decreto 656/2017, do 23 de xuño. Incídese en canto é de aplicación á normativa de almacenamento de produtos químicos e cales son as obrigas legais das empresas para dar cumprimento ao RAPQ 656/2017. Explícase como levalas a cabo e coméntanse os aspectos conflitivos do regulamento. Neste taller-coloquio, Marta Mendoza Belío, directora de Denios Academy, explica de forma lóxica en 10 sinxelos pasos o que debe de facer unha empresa para ver se se aplica o novo Regulamento APQ e no caso de que si, como proceder. En cada un destes pasos analizaranse con detalle os requisitos de seguridade necesarios para dar cumprimento ao mesmo, tales como duchas, lavaollos, retención de derrames, resistencia ao lume, distancias de seguridade, etc. Realízanse exemplos prácticos da táboa de aplicación do regulamento e da táboa de almacenamento conxunto.