Hoxe tivo lugar o segundo dos obradoiros de prevención do accidente dorso-lumbar


A Coruña, 20 de xuño de 2019.- O Centro Issga - A Coruña acolleu hoxe a xornada técnica “Prevención do accidentes dorso-lumbar: coidado das costas”, realizado en colaboración con Fremap, e que se realizou onte no centro Issga - Lugo.

A súa finalidade principal foi promover o coñecemento sobre os factores de risco e os mecanismos lesionais das costas e adquirir as estratexias necesarias para previlos, xerando unha cultura preventiva orientada a evitar as lesións e minimizar as súas consecuencias.

O obradoiro tivo lugar en dúas partes ben diferenciadas coas que se pretendeu sentar as bases do coidado das costas mediante unha abordaxe teórico-práctica:

  • Introdución teórica: accidentabilidade e etioloxía dos principais trastornos musculoesqueléticos; anatomía e fisioloxía das costas; mecanismos lesionales e principais patoloxías; variabilidade individual; hixiene postural nas actividades da vida diaria.

  • Dinámica práctica: boas prácticas no manexo de lesións; programa de fortalecemento; exercicios de estiramento e de relaxación.

Cunha formulación eminentemente práctica, os principais obxectivos que se pretenderon acadar foron:

  • Coñecer as principais lesións de costas e as súas consecuencias

  • Preparar a musculatura para o esforzo

  • Corrixir posturas inadecuadas

  • Relaxar a musculatura e evitar lesións