Impartimos unha xornada sobre primeiros auxilios en Melide


Melide (A Coruña), 19 de xuño de 2019. A xornada, destinada a 20 alumnos do Obradoiro de Emprego "Melide-Boimorto: Natureza no Camiño de Santiago" foi impartida por Raquel Gulías Sanmartín, técnica de saúde laboral no Centro Issga da Coruña.

Tivo un contido teórico e práctico e unha duración de dúas horas, entre as 10:00 e as 12:00 horas.

O Issga, dentro do seu obxectivo de información, divulgación e formación en materia preventiva, leva adiante accións de promoción da prevención de riscos laborais en colaboración con outras entidades que axuden a implantar unha auténtica cultura preventiva na nosa sociedade.