Organizamos unha xornada sobre estrés térmico no centro Issga de Ourense


Ourense, 14 de xuño de 2019.- O estrés térmico é a causa dos diversos efectos patolóxicos que se producen cando se acumula excesiva calor (tensión por calor) ou se elimina excesiva calor (tensión por frío) no corpo humano. Entendemos por estrés térmico a presión que se exerce sobre a persoa ao estar exposta a temperaturas extremas e que a igualdade de valores de temperatura, humidade e velocidade do aire, presenta para cada persoa unha resposta distinta dependendo da susceptibilidade do individuo e a súa aclimatación.

Tradicionalmente en prevención utilizouse o termo estrés térmico para referirse ás situacións de traballo moi calorosas. Para avaliar os riscos da exposición á calor débese ter en conta tanto a carga neta de calor á que os traballadores están expostos e que resulta da contribución combinada das condicións ambientais do lugar onde traballan, a actividade física que realizan e las características da roupa que levan, como a resposta fisiolóxica do corpo humano para manter a temperatura interna no rango adecuado. 

Asemade para o control adecuado deste risco débense coñecer os factores de risco individuais e as medidas preventivas que se deben levar a cabo. 

Presentouse a campaña do Issga sobre traballo e calor con material informativo dirixido a traballadores daquelas actividades nas que pode haber sobrecarga térmica de xeito permanente polo tipo de actividade ou na época estival pola influenza da temperatura exterior, incidindo especialmente nos principais factores de risco e nas medidas preventivas e actuacións básicas. 

Necesitamos manter a nosa temperatura corporal ao redor dos 37° C para funcionar con normalidade. 

Se o noso corpo acumula calor póñense en funcionamento os mecanismos fisiolóxicos de perda de calor (fundamentalmente sudación e vasodilatación periférica) para baixar a súa temperatura. 

Se a pesar de todo, a temperatura central do corpo supera os 38° C, pódense producir distintos danos á saúde, máis graves canto maior sexa a calor acumulada, cando se superan os 39° C comeza o risco de golpe de calor.

 Este material utilizarase como base para unha campaña de asesoramento e sensibilización aos sectores afectados facendo especial difusión do material na época estival para aqueles sectores cuxo risco aflora sobre todo neste período. 

Durante a xornada tamén se expuxo unha visión relativa ao ambiente térmico e os seus efectos, distinguindo entre disconfort e estrés térmico, se abordaron os distintos métodos de avaliación tanto dos estrés por frío coma por calor, así como os criterios para elixir entre os distintos métodos tendo en conta a súa complexidade e precisión. Por último, se analizaron as distintas situacións reais de risco derivadas das condicións climáticas adversas nas obras de construción.