O centro ISSGA de Lugo acolleu unha xornada técnica sobre acoso na contorna laboral


  • A iniciativa forma parte do Plan de actividades do Issga para 2019.

Lugo, 15 de maio de 2019.- Hoxe tivo lugar no centro do ISSGA - Lugo a xornada técnica “Acoso: identificación e tratamento na contorna laboral" desenvolta por Fremap en colaboración co ISSGA ten como obxectivo:

  • Definir o acoso

  • Establecer cales son os axentes implicados e o papel que desempeñan na contorna laboral.

  • Analizar a súa incardinación no ámbito dos riscos psicosociais, de acordo á normativa e as referencias técnicas existentes.

  • Describir a súa xénese e evolución dentro da empresa, e examinar propostas de actuación para o seu tratamento. Abordar as consideracións acerca da súa formulación como risco a avaliar.

Estas accións formativas organizadas por Fremap e o ISSGA, que xa se veñen realizando nos últimos anos, permiten formar a técnicos de prevención, delegados, empresarios ou profesionais, entre outros, sobre os diversos cambios nos procesos produtivos, posta ao día na normativa ou na introdución de novas tecnoloxías, que fan precisa unha actualización permanente de coñecementos no eido da prevención de riscos laborais e na seguridade e saúde laboral.

A divulgación destes coñecementos é unha parte fundamental da prevención de riscos laborais e así aparece recollido no Plan de actividades do Issga para este ano 2019.