Hoxe tivo lugar no Centro ISSGA da Coruña unha xornada sobre os riscos na montaxe e desmontaxe de escenarios


A Coruña, 9 de maio de 2019. Esta xornada forma parte do Plan de Actividades 2019 do Issga e ten como obxectivo o  asesoramento, información e sensibilización específicas para reducir a sinistralidade laboral da industria musical e de espectáculos públicos, en concreto na actividade de montaxe e desmonte de escenarios públicos, así como fomentar a adquisición dunha conciencia preventiva neste sector que permita mellorar as condicións laborais dos traballadores que realizan estas actividades.

Con esta xornada preséntase unha nova publicación do ISSGA, un tríptico referido aos riscos por exposición ao ruído, que complementa as publicacións presentadas en 2018, que abordaban os riscos de seguridade na montaxe e desmontaxe de escenarios, aspectos estes que tamén se inclúen entre os contidos dos relatorios.

Xunto coa documentación de la xornada, entregáronses publicacións que ten elaborado o Issga: folla de prevención, trípticos e carteis referidos aos contidos mencionados.

Esta acción formativa va dirixida a empresarios, mandos intermedios, traballadores e persoas con responsabilidade en materia preventiva e, en especial, na coordinación de actividades empresariais.

Na montaxe e desmonte de escenarios para espectáculos intervén moita normativa diferente, aínda que non existe ningunha especifica. Non obstante, é de aplicación a normativa xenérica que tamén afecta a outros sectores, polo que unha parte desta xornada contempla os aspectos técnicos e normativos a considerar no desenvolvemento desta actividade e que se recollen na documentación que o Issga pon a disposición dos profesionais implicados

Ademais, engádese a consideración do ruído, como un dos riscos máis significados para a saúde dos traballadores que participan nos espectáculos públicos, con efectos crónicos.

Durante a xornada, tratáronse os seguintes aspectos:

  • Coordinación de actividades

    • Fase de montaxe e desmonte

    • Fase de celebración

  • Documentación de PRL na montaxe de escenarios ou bancadas

    • Escenarios realizados con elementos de estada tubular

    • Escenarios realizados con outros elementos metálicos tubulares ou outros materiais

    • Escenarios móbiles

  • Riscos e medidas preventivas, en relación coa exposición ao ruído