Participamos en Madrid nunha reunión do grupo de traballo de Educación e Formación en Prevención de Riscos Laborais da CNSST


Madrid, 3 de abril de 2019.- Na reunión que tivo lugar hoxe na sede do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) estivo presente Alberto Conde Bóveda, xefe da sección de Formación, Divulgación e Documentación do ISSGA, onde, entre outros temas, se continuou coa avaliación e seguimento das medidas contempladas no Plan Nacional de Formación e se presentou a información e proposta sobre as figuras de técnicos con funcións de nivel básico, intermedio e superior.

O grupo de traballo foi aprobado no Pleno da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), celebrado con data 18 de setembro de 2007, e está integrado por representantes da Administración Xeral do Estado, das Administracións das Comunidades Autónomas e por representantes das organizacións empresariais e sindicais máis representativas. O seu mandato establecía que os traballos deste grupo orientaríanse a formular propostas encamiñadas a potenciar a formación en materia de prevención de riscos laborais.

O Pleno celebrado o día 10 de decembro de 2015 aproba a proposta de ampliación do mandato do este grupo de traballo para dar cumprimento á EESST 2015-2020. O novo mandato recolle como obxectivos o seguimento e a avaliación do Plan Nacional de Formación, e a revisión dos contidos formativos do Anexo VI do Regulamento dos Servizos de Prevención.