Hoxe visitamos o IES Chamoso Lamas da Cañiza


A Cañiza, 2 de marzo de 2019. Durante a xornada de hoxe programouse, coincidindo cos horarios do centro formativo, unha xornada formativa dirixida ao alumnado de ciclos formativos de automoción, ofimática e administrativo.

Esta acción formativa estivo dividida en dúas partes, a primeira delas sobre a importancia da seguridade e a saúde no traballo e da cultura preventiva, dos riscos en xeral e da importancia de previlos, facendo referencia a que é o Issga e cales son as súas actividades; a segunda parte estivo centrada nos riscos específicos nos sectores do ámbito de formación dos ciclos de FP indicados anteriormente.

A xornada foi impartida por Héctor González Nóvoa, xefe da Area Técnica de Seguridade no Traballo e Hixiene Industrial do Centro Issga-Ourense. e Ángel López Álvarez, xefe do dito centro.

Tal e como se recolle nos sucesivos plan de actividades do ISSGA, unha das funcións máis importantes do Issga é a de colaborar coa autoridade educativa, a universidade e os centros de investigación para implantar en todos os ciclos e niveis formativos programas educativos de prevención de riscos laborais.

Por isto, o ISSGA desenvolve actividades que teñen por finalidade mellorar a información, sensibilización e formación no eido da prevención de riscos laborais na poboación escolar nos diferentes niveis educativos da educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, e o apoio técnico ao profesorado.