Impartimos un curso de sobre exposición a fibras de amianto en Santiago


Santiago, 27 de marzo de 2019. Hoxe remata o curso sobre “Exposición a fibras de amianto en aire. Mostraxe persoal e ambiental” que durante dous días tivo lugar na sede do Issga en Santiago de Compostela e que foi impartido polos técnicos do Centro Nacional de Verificación de Maquinaria do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), Jose María Rojo Aparicio, María Domínguez Dalda e Diana Torremocha García.

A inhalación de fibras de amianto supón un risco importante para a saúde tanto dos traballadores que manipulan e retiran materiais con amianto (MCA), como dos que deben permanecer en lugares de traballo nos que foron instalados con anterioridade á súa prohibición.

O artigo 5 do RD 396/2006 indica que, para todo tipo de actividade determinada que poida presentar risco de exposición ao amianto, a avaliación do risco debe incluír a medición de concentracións de fibras de amianto en aire e a súa comparación co valor límite (VLA‐ED), de maneira que se determine a natureza e o grao de exposición dos traballadores. Así mesmo, en función do resultado da devandita avaliación serán necesarias medicións ambientais de control da eficacia das medidas preventivas e do índice de descontaminación para asegurarse de que o aire do lugar de traballo non está contaminado e de que non existen riscos como consecuencia dos traballos realizados.

Esta actividade aborda a fase de toma de mostras das medicións persoais e ambientais para os distintos fins previstos na normativa (método MTA/ MA‐051), centrándose na estratexia e procedementos de mostraxe.

Obxectivos

  • Deseñar estratexias de mostraxe adecuadas en función dos diferentes obxectivos e executar mostraxes persoais e ambientais en traballos con amianto

  • Aplicar o marco legal e técnico da avaliación cuantitativa do risco de exposición ao amianto mediante medicións en aire.

Destinatarios

Técnicos de prevención de riscos laborais do ISSGA e dos gabinetes de seguridade e saúde das asociacións empresariais e sindicais.

Campaña ISSGA

O pasado ano presentouse a campaña Alerta Issga, pode haber amianto que se centra na formación, na seguridade no traballo e na innovación e os novos retos sobre a exposición ao amianto. A través da campaña repartíronse 6000 manuais e 4000 fichas para levar ás obras, uns folletos informativos que contan coa súa correspondente versión dixital que se poden consulta e descargar a través da web do ISSGA. Estes soportes recollen fotos de situacións cotiás nas obras ou traballos de rehabilitación, e, ademais, a campaña inclúe unha App deseñada polo ISSGA que inclúe toda a información e trata de formar aos usuarios na prevención de riscos laborais na exposición ao amianto mediante un xogo, a través da técnica de gamificación.

A actuación está dirixida non só aos traballadores e traballadoras das grandes obras de construción, senón tamén, e, especialmente, ás obras de reforma, rehabilitación e a aquelas actividades vinculadas á construción que afectan a diferentes profesionais.

O ISSGA está a desenvolver outras outras actuacións para reducir os riscos da exposición ao amianto. Neste senso destacamos que se facilita a tramitación dos procedementos de autorización para os traballos con risco por amianto a través da sede electrónica da Xunta, a única forma de presentación das solicitudes co que se está a reducir a carga burocrática das empresas, axilizando os procedementos.