Hoxe tivo lugar no centro Issga da Coruña un taller de hixiene Industrial


A Coruña, 21 de marzo de 2019. O centro ISSGA da Coruña acolleu hoxe un taller sobre o sistema PIMEX realizado en colaboración con Asepeyo.

O sistema PIMEX é un sistema de captación sincronizada de imaxes de vídeo e datos das exposicións a axentes físicos e químicos das tarefas realizadas polos traballadores, en tempo real, que permite identificar as tarefas críticas e estudar a implantación de medidas preventivas para controlar os riscos detectados.

Co PIMEX pódense medir:

  • Partículas e aerosois (como fracción inhalable)
  • Gases: CO2
  • Vapores orgánicos con potencial de ionización inferior a 10,6 eV ( PID)
  • Temperatura, humidade relativa e ruído

Durante este taller, ademais de coñecer os elementos deste sistema, o seu marco de actuación, como se aplica e as experiencias obtidas, os asistentes tiveron experiencias prácticas no emprego do PIMEX.