O grupo de traballo de investigación de accidentes do ISSGA reúnese en Santiago


Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017. Hoxe tivo lugar unha reunión deste grupo de traballo interno constituído en 2017, que a través de xuntanzas periódicas, realiza un análise dos accidentes laborais que se produzan neste intervalo de tempo, intercambiando coñecementos, unificando criterios e compartindo experiencias entre os técnicos dos catro centros provinciais do ISSGA que realizan esta tarefa.

Durante esta xuntanza se traballou na mellora da comunicación, da investigación e do preinforme do accidente.

A investigación de accidentes de traballo realízase co fin de coñecer as causas que os provocan, e dende a perspectiva do sinistro como risco laboral prevenible. Tras a investigación elabórase un informe técnico que servirá de apoio á autoridade laboral, ou na orde xudicial no exercicio das súas competencias.

De xeito continuo, préstase polo persoal técnico do ISSGA colaboración pericial e asesoramento técnico á Inspección de Traballo e Seguridade Social no desenvolvemento das súas funcións, tal como se establece na normativa de aplicación.