Traballo do ISSGA a prol da integración da igualdade na PRL


O Issga dando cumprimento a Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017- 2020 leva a cabo diversas actuacións co fin de favorecer a integración da igualdade entre mulleres e homes nas políticas de prevención de riscos laborais, entre elas:

  • Asesoramento técnico ás empresas e aos traballadores e traballadoras.

  • Comisión para a Integración da Igualdade na PRL. Ten carácter técnico e permanente e conta coa presenza dos axentes sociais. Traballa no deseño de pautas para a integración efectiva nas empresas da perspectiva de xénero.

  • Programas e estudos de saúde e ergonomía en sectores feminizados.

  • Todas as publicacións técnicas realízanse con perspectiva de xénero e cunha unidade específica de protección das situacións de reprodución, embarazo, postparto e lactación.

  • Tratamento estatístico e observatorio a través do fomento do uso de datos desagregados por sexo nos estudos, informes, estatísticas e outros materiais.

  • Na totalidade dos cursos que habilitan para as funcións de nivel básico, inclúese un módulo específico de 5 ou 10 horas da integración da PRL con perspectiva de xénero.

  • Xornadas técnicas, seminarios, obradoiros en PRL que inciden na integración da perspectiva de xénero e a protección da maternidade.

  • Campaña informativa sobre a protección da maternidade no ámbito laboral. Incidindo nas obrigas das empresas en: avaliación de riscos laborais inicial e avaliacións adicionais, planificación da actividade preventiva, listado de postos exentos de riscos, adaptación do posto de traballo, cambio de posto, suspensión do contrato etc.