O “IES de Fene” acolle unha xornada sobre primeiros auxilios


Fene, 7 de febreiro de 2019.- Raquel Gulías Sanmartín, técnica de seguridade e saúde laboral do centro ISSGA - A Coruña, fixo unha exposición teórico-práctica sobre primeiros auxilios.

O ISSGA desenvolve actividades que teñen por finalidade mellorar a información, sensibilización e formación no eido da prevención de riscos laborais na poboación escolar nos diferentes niveis educativos da educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, e o apoio técnico ao profesorado.

Así, cómpre colaborar coa consellería competente en materia de educación na realización de actuacións nos centros educativos para promover a adquisición dunha cultura preventiva no eido laboral dos mozos e das mozas da Comunidade Autónoma de Galicia, inculcándolles condutas seguras e saudables nunha liña de anticipación aos riscos laborais aos que como futuros empresarios e traballadores terán que enfrontarse.