A directora do Issga recibe a medalla de ouro no 3º Congreso Nacional de saúde laboral e prevención de riscos


Madrid, 8 de novembro de 2018. Baixo o lema “O futuro en España, eixos e perspectivas”, Participa, innova, intégrache!!, que organiza conxuntamente a Sociedade Española de Saúde e Seguridade no Traballo (SESST) e a Sociedade Castelá de Medicina e Seguridade do Traballo (SCMST), tivo lugar en Madrid o 3º Congreso Nacional de saúde laboral e prevención de riscos durante os 7 e 8 de novembro de 2018.

O obxectivo fundamental deste congreso foi o intercambio de coñecementos, cun claro compromiso de reflexionar e debater xuntos con carácter integral e multidisciplinar sobre a saúde e seguridade no traballo en España, o seu futuro, eixos e perspectivas, e dar resposta a preguntas como “o benestar e a felicidade na empresa é posible no futuro?” e outros interrogantes que se suscitaron e desde todas as perspectivas tanto sanitarias e laborais, como políticas e socioeconómicas, e a diferentes niveis, que leve a lograr medidas eficaces para diminuír a sinistralidade laboral e mellorar a saúde e a calidade de vida laboral dos traballadores.

Na entrega de premios que clausura este evento, tivo lugar a concesión da medalla de ouro á directora do Issga, Adela Quinzá-Torroja García, como signo de distinción aos méritos e servizos adquiridos ou efectuados en materias relativas á medicina e seguridade no traballo e a prevención de riscos laborais.