Hoxe participamos nunha sesión técnica sobre a tramitación das enfermidades profesionais en Santiago de Compostela


Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018. O salón de actos da Consellería de Sanidade acolleu hoxe esta acción formativa na que o ISSGA colabora coa participación de Mª Nieves Lorenzo Espeso, xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro ISSGA da Coruña, que presentou o relatorio "O ISSGA. Relacións con outros organismos na tramitación da EP. Os informes técnicos".

O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando accións formativas tanto propias como en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, de xeito que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo.