O centro ISSGA de Ourense acolleu unha xornada técnica sobre os equipos a presión


  • A iniciativa, que realizan o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) e Fremap, forma parte do Plan de actividades do Issga para 2018.

Ourense, 10 de outubro de 2018.- Hoxe tivo lugar no centro do Issga de Ourense a xornada técnica “Equipos a presión. Condicións de seguridade e marco normativo" desenvolta por Fremap en colaboración co Issga e que se centrou en afondar nas normas e criterios de seguridade que se establecen no ámbito de aplicación do RD 2060/2008, analizar as esixencias técnicas, organizativas e administrativas da regulamentación de equipos a presión, desde a perspectiva común e particular de seguridade industrial e prevención de riscos laborais e, por último, abordar os aspectos fundamentais de seguridade a ter en conta durante a instalación, posta en servizo, uso, explotación, mantemento e inspección dos equipos a presión.

Estas accións formativas organizadas por Fremap, que xa se veñen realizando nos últimos anos, permiten formar a técnicos de prevención, delegados, empresarios, responsables de fabricación ou mantemento ou profesionais, entre outros, sobre os diversos cambios nos procesos produtivos, posta ao día na normativa ou na introdución de novas tecnoloxías, que fan precisa unha actualización permanente de coñecementos no eido da prevención de riscos laborais e na seguridade e saúde laboral.

A divulgación destes coñecementos é unha parte fundamental da prevención de riscos laborais e así aparece recollido no Plan de actividades do Issga para este ano 2018.