O centro Issga da Coruña acolleu unha xornada sobre os regulamentos REACH e CLP


  • O Regulamento (CE) nº 1907/2006 de Rexistro, avaliación, autorización e restrición de substancias e mesturas químicas (REACH,) entrou en vigor o 1 de xuño de 2007 e ten como obxectivo principal mellorar a protección para a saúde humana e o medio ambiente fronte ao risco que pode levar a fabricación, comercialización e uso das substancias e mesturas químicas.

A Coruña, 16 de maio de 2018. Hoxe tivo lugar no Centro Issga da Coruña unha xornada técnica sobre o regulamentos REAHC e CLP que contou coa asistencia de máis de 90 persoas.

Esta actividade forma parte das actuacións recollidas tanto no Plan de actividades do Issga como no Plan Estratéxico para a PRL en Galicia, Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020, co obxectivo de promover a participación e implicación dos interlocutores sociais no ámbito da prevención de riscos laborais así como para dar resposta ás cuestións de difícil abordaxe en materia preventiva, ben pola súa complexidade técnica ou ben pola súa novidade, carácter emerxente ou vinculación coas transformacións no eido laboral, mediante a constitución de diferentes grupos de traballo técnicos ou foros de debate, como nesta ocasión, co propósito de acadar consensos na posta en marcha de metodoloxías e boas prácticas preventivas en aspectos tales como xestión do risco químico.

O Regulamento (CE) nº 1907/2006 de Rexistro, avaliación, autorización e restrición de substancias e mesturas químicas (REACH,) entrou en vigor o 1 de xuño de 2007 e ten como obxectivo principal mellorar a protección para a saúde humana e o medio ambiente fronte ao risco que pode levar a fabricación, comercialización e uso das substancias e mesturas químicas.

Para cumprir coas disposicións do REACH as empresas deben identificar e xestionar os riscos asociados ás substancias que fabrican e comercializan na Unión Europea. Deben demostrar como usar ditas substancias de maneira segura e comunicar toda aquela información relativa ás medidas de xestión de riscos ás partes implicadas.

O REACH repercute nun amplo abanico de empresas repartidas por numerosos sectores, incluídos sectores que en principio poderían non considerarse a si mesmos ligados ás substancias químicas. A maioría das empresas utilizan produtos químicos, en ocasións mesmo sen darse conta, polo que debe comprobar as súas obrigacións no caso de que a súa actividade industrial ou profesional obríguelle a manipular calquera tipo de produto químico.

Deste xeito, durante o desenvolvemento desta acción formativa se analizaron:

  • as diferencias e as sinerxias entre o regulamento REACH e o Real decreto 374/2001 de protección da saúde e seguridade dos traballadores e traballadoras contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo

  • os principios básicos do regulamento relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos, e o regulamento sobre clasificación, etiquetado e envasado de substancias e mesturas, indicando as implicacións máis relevantes para a industria

  • as implicacións e repercusións desta normativa, con respecto ás obrigas do usuario intermedio, incidindo no intercambio de información na cadea de uso e resaltando a importancia das fichas de seguridade

  • a incidencia dos regulamentos REACH e CLP na prevención dos riscos laborais asociados ao uso das substancias e mesturas químicas