Impartimos no centro Issga de Pontevedra unha xornada sobre a calidade e mellora continua na seguridade e saúde no traballo


Rande-Redondela, 13 de abril de 2018. No ámbito preventivo existe, desde hai moitos anos, un recoñecemento xeneralizado de integrar a prevención na empresa como elemento chave para incrementar a acción preventiva.

Orientar no deseño de sistemas integrados de xestión coa finalidade de promover a calidade e a mellora continua da seguridade e saúde no traballo dirixida a elevar os niveis de protección, seguridade e saúde dos traballadores no traballo, é o obxectivo desta acción formativa que contou coa asistencia de case sesenta persoas.

Analizáronse diversos aspectos como a importancia da formación en prevención de riscos laborais e a súa influencia na seguridade e a saúde no traballo, a norma UNE-EN ISO 17204:2012 relativa á certificación de persoas e a súa aplicación a profesionais de seguridade e saúde no traballo así como o papel fundamental dos servizos de prevención tanto na execución das actividades preventivas como no seu papel como asesor do empresario e dos traballadores para promover a integración da prevención no sistema de xestión da empresa.

A colaboración do servizo de prevención con calquera unidade encargada de xestionar unha actividade na que deba integrarse a prevención é fundamental para:

  • Fixar o procedemento de execución, concretando os requisitos preventivos aplicables á súa forma de realización e ás condiciones en que se realiza.

  • Formar e informar o persoal que intervén na súa xestión ou execución.

  • Precisar as decisións e sucesos que deben ser consultados ou comunicados ao servizo de prevención.

Para lograr este obxectivo da mellora continua na seguridade e a saúde no traballo é imprescindible a implicación das distintas unidades da empresa co obxectivo común de mellorar a calidade nas condicións de traballo.