Participamos nunha xornada sobre construcións, estruturas metálicas e cerramentos en Santiago de Compostela


Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2018. Esta xornada “Construcións, estruturas metálicas e cerramentos e o seu comportamento contra o lume” organizada por ASIME (Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia) tivo lugar na sede da CEG (Confederación de Empresarios de Galicia) e na que a directora do Issga, Adela Quinzá-Torroja García, participou na presentación.

O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando accións formativas tanto propias como en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, de xeito que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo.

A divulgación destes coñecementos é unha parte fundamental da prevención de riscos laborais e así se recolle no seu Plan de actividades 2018, constituíndo un dos seus obxectivos recorrentes potenciar a formación en materia de prevención dos riscos laborais.