Asistimos a unha reunión do grupo de traballo do sector agrario da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo


Madrid, 8 de febreiro de 2017. Hoxe tivo lugar na sede do Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo unha reunión do grupo de traballo do sector agrario, que contou coa participación do xefe do Centro Issga de Ourense, Ángel López Álvarez.

Entre os puntos da orde do día que se trataron nesta xuntanza, destacamos un documento sobre preguntas frecuentes sobre prevención de riscos laborais no sector agrario e sobre todo o plan de sensibilización no sector co estudio de propostas para unha primeira campaña.

Este grupo de traballo creouse con carácter estable no ano 2000 para o estudo e seguimento da aplicación da normativa e preventiva no sector agrario.

Os traballos do devandito grupo oriéntanse ao estudo das causas máis frecuentes da accidentalidade e das enfermidades derivadas do traballo no sector agrícola e á elaboración de propostas para o desenvolvemento dunha prevención de riscos laborais eficaz no sector.