Impartimos no centro Issga de Ourense unha xornada sobre risco eléctrico


Ourense, 22 de decembro de 2017. Hoxe ten lugar no Centro do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) de Ourense unha xornada técnica sobre prevención de riscos laborais no sector eléctrico para traballadores da empresa Segade Saelco, SA.

Esta actividade inclúese no acordo marco de cooperación asinado entre o ISSGA e Gas Natural Unión Fenosa en materia de formación de risco eléctrico. Nesta acción formativa se impartiron conceptos de primeiros auxilios, seguridade viaria, manipulación de cargas, traballos con risco eléctrico, figura do recurso preventivo, traballos de obra civil ou mesmo sensibilización mediomabiental.

Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en congresos, feiras, xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional, difundindo as actividades e traballos realizados polo Instituto.