Colaboramos nunha xornada sobre a sospeita de enfermidade profesional e vixilancia da saúde dos expostos ao amianto organizada pola Consellería de Sanidade


Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017. Esta xornada, organizada pola Consellería de Sanidade, ten como obxectivo presentar as novidades do proxecto de comunicación á autoridade sanitaria dende os servizos de prevención, atención primaria e hospitalaria, tanto das sospeitas de enfermidades profesionais en relación ao artigo 5 do Rd 1299/2006, de 10 de novembro, como para a remisión do anexo V de vixilancia da saúde de expostos ao amianto do Rd 396/2006,de 31 de marzo dende os servizos de prevención.

O ISSGA colabora nesta actividade coa participación de Nieves Lorenzo Espeso, xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro ISSGA da Coruña, que presentará un relatorio sobre "Enfermidades profesionais / Exposición ao amianto".

Está enfocada aos médicos de atención primaria e hospitalaria, que na súa actividade diagnóstica se atopen con dúbidas en relación á filiación laboral dos diagnósticos dos seus pacientes, e ao persoal sanitario dos servizos de prevención que diagnostiquen enfermidades profesionais ou que teñan ao seu cargo a vixilancia da saúde de expostos/as ao amianto. Tamén pode resultar de interese aos técnicos de saúde laboral/xestores que traballen en actividades relacionadas con este tema e aos inspectores médicos, farmacéuticos e subinspectores como participantes neste circuíto de notificación.

Ao longo da xornada dáse a coñecer o circuíto existente para este tipo de notificación e as novidades de comunicación automática, facilitando o labor diario dos profesionais que realizan estas tarefas e que servirá de catalizador da comunicación coas administracións sanitarias, así como de punto de reunión para os profesionais que traballan no ámbito da saúde laboral.