Asistimos ao Congreso de Prevención de Riscos Laborais en Granada


Granada, 10 de novembro de 2017.- O IIº Congreso de Prevención de Riesgos Laborales del Consejo General de Profesionales de la Seguridad y Salud en el Trabajo de España conxuntamente co Vº Congreso Nacional de Higiene Industrial y Medioambiental del Instituto Técnico de Prevención ten lugar os días 9 e 10 de novembro no Parque das Ciencias de Granada.

A confluencia das tres áreas conformadas: profesionais, empresas e administración, conforman un escenario óptimo de organización, aprendizaxe e desenvolvemento da cultura preventiva.

O ISSGA colabora coa participación do Subdirector xeral Técnico e de Planificación, Fernando González Abeijón, nunha mesa sobre o futuro da normalización nos sistemas de xestión de prevención de riscos laborais. ISO 45.001 vs OHSAS 18.001 Unificación de criterios de avaliación, xestión e auditoría.

Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en congresos, feiras, xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional, difundindo as actividades e traballos realizados polo Instituto.