O Issga participa en Madrid no I Congreso Prevencionar


Baixo o lema “Compartindo coñecemento e ilusión ao redor da saúde, seguridade e benestar no traballo”, convócase o I CONGRESO PREVENCIONAR. Celébrase en Madrid os días 5 e 6 de outubro de 2017.
Este Congreso Prevencionar nace co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a importancia da prevención de riscos laborais nas organizacións.

Pretende dar exemplo e extensión ás boas prácticas realizadas polas persoas, asociacións, empresas, entidades, etc., que realizan un labor destacable no campo da seguridade e saúde no traballo e a promoción da saúde nas contornas laborais.

Aspírase a que sexa un evento bienal, de referencia no sector, onde se dean cita profesionais que desexen coñecer as últimas tendencias e mellores prácticas.

A directora do Issga, Adela Quinzá-Torroja García participa o día 5 con dúas comunicacións. A primeira denomínase: O GRUPO CANO, UN ÉXITO DE COLABORACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS NO SECTOR PESQUEIRO. Está moderada por Jon Azkue Manterola, Viceconsejero de Trabajo y Seguridad Social do Goberno Vasco e nela interveñen os directores dos institutos de seguridade e saúde do traballo da comunidades do Grupo Cano: Asturias (Miryam Hernández Fernández), Cantabria (Amalio Sánchez Grande), País Vasco (Alberto Alonso Martín) e Galicia.
A segunda comunicación da directora titúlase AS POLÍTICAS DE PRL DENDE A VISIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS. Está moderada por Ana Bermúdez Odriozola, Directora Xerente da Fundación Estatal para a Prevención de Riescos Laborais, e nela participan os directores dos institutos de seguridade e saúde do traballo da comunidades de Asturias (Miryam Hernández Fernández), Cantabria (Amalio Sánchez Grande) , País Vasco (Alberto Alonso Martín), Galicia e o Director Xeral de Traballo e Xerente do IRSST da Comunidade de Madrid, Ángel Jurado Segovia.
Ademais, participirá no peche do Congreso.


O día 6 de outubro, a directora do Issga modera a comunicación: DIVERSOS ENFOQUES DA ACTUACIÓN PREVENTIVA, na que se presentarán os relatorios: A accesibilidade en prevención de riescos laborais, por Manuel Berrio Casares Director da Área Técnica e Inversións de Covirán, Seguridade e estética: un matrimonio complexo. Edificios intelixentes, por Cristina Francisco Criado Health & Environment Manager en Cuatrecasas e PRL e Responsabilidade Social, por Jorge Cordero García, Responsable de Prevención, Saúde e Medio Ambiente na Universidade Europea.

 
O subdirector xeral técnico e de planificación, Fernando González Abeijón, o día 5 de outubro moderará a comunicación PRESENTE E FUTURO DA COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES EMPRESARIAIS, na que participarán Iolanda Gatell Leiva Socia Fundadora e Directora Xeral de CTAIMA OUTSOURCING & CONSULTING S.L., Ramón Pérez Merlos Director do Servizo de Prevención Mancomunado Grupo Etos, Jesús Jaime Ruiz Antón Xerente de PRL zona Norte Acciona Construcción, Iñigo Martínez Sola Xerente E-COORDINA e Gregorio Delgado CMO Dokify.

E o día 6 de outubro, participará moderando a comunicación: NOVAS TENDENCIAS EN FORMACIÓN PRL: O FUTURO XA ESTÁ AQUÍ, cos relatorios: Formación inversa e realidade virtual, por Gabriel César Jiménez Xerente de GA Consultores; Método RHS simuladores para entrenar a seguridade, por Oriol Bracons Clapés CEO RISK XXI Prl & Services e Da formación estándar á personalización da aprendizaxe por Carles Casasola Learning Manager en BDN.