Hoxe ten lugar un curso de formación interna para os técnicos do ISSGA en Santiago


Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017. Hoxe ten lugar a segunda xornada formativa do curso “Produtividade e xestión do tempo. Factores clave para diminuír o estrés. Conciliación. Ferramentas TIC e método GTD. Eficacia nas reunións e no traballo” que organiza o ISSGA.

Este curso, que o están a realizar 28 persoas, a maioría deles técnicos do ISSGA, ten lugar na EGAP e forma parte da súa programación formativa para este ano.

Neste segundo día abordaranse aspectos relacionados coas habilidades sociais, técnicas para afrontar o estrés, conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou a xestión do tempo.

Formación interna

Debido aos numerosos avances no eido da prevención de riscos laborais e ao dinamismo da materia, considérase preciso elaborar unha oferta formativa para o persoal do Instituto que inclúa cursos de formación sobre temas relacionados coa seguridade e saúde laboral, co fin de actualizar e afondar os seus coñecementos relacionados coas actividades que desenvolve, ou con temas preventivos novidosos e de actualidade sobre prevención de riscos laborais.