Colaboramos nunhas xornadas sobre sanidade no CIFP Ánxel Casal Montealto da Coruña


A Coruña, 30 de setembro de 2017.- Hoxe ten lugar no CIFP Ánxel Casal Montealto da Coruña un acto formativo dentro das xornadas de sanidade organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que conta coa participación de Lucía Ferrón, Vidán, xefa da Sección de Hixiene Industrial do Issga, que fará un relatorio sobre o control do risco químico no laboratorio.

Estas xornadas están destinadas aos ciclos formativos de sanidade de grao medio e superior e teñen como obxectivo coñecer a realidade dos sectores produtivos relacionados e analizar a innovación nas ensinanzas da familia de sanidade.

O Issga, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando nos seus centros acciones formativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, de maneira que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo.