A oferta formativa do ISSGA para o derradeiro cuadrimestre deste ano inclúe 20 novas actividades


Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017.- Durante este mes de setembro dende o ISSGA retomamos a actividade formativa programada para este ano 2017, no que se ofrecen un total de vinte novas accións formativas que se desenvolverán durante os meses de setembro, outubro e novembro.

Cursos básicos

Estes cursos, que se desenvolven tanto presencialmente nos seus centros provinciais como en liña a través da aula virtual, teñen o obxectivo de proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención de nivel básico.

Os catro cursos presenciais terán lugar en cada un dos centros provinciais do ISSGA; un en setembro e outubro e dous no mes de novembro.

En canto á formación en liña, destacamos que un dos cursos está destinado a traballadores autónomos; esta actuación enmárcase no obxectivo fixado na Axenda 20 para o Emprego de mellorar as cualificacións dos traballadores galegos para incrementar as súas oportunidades laborais, e encádrase tamén na Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo, con 163 medidas para reducir a sinistralidade no traballo, e na Estratexia Autónomo 2020 coa que o Goberno galego prevé favorecer o labor dos traballadores por conta propia.

 

Tipo de formación

Nome

Lugar

Datas

Duración lectiva

Presencial

Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico

Centro Issga de Ourense

11 ao 15 de setembro

35 horas

Presencial

Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico

Centro Issga da Coruña

2 ao 6 de outubro

35 horas

Presencial

Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico

Centro Issga de Lugo

13 a 17 de novembro

35 horas

Presencial

Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico

Centro Issga de Pontevedra

13 a 17 de novembro

35 horas

En liña

Curso de prevención de riscos laborais en liña. Nivel básico

Aula virtual

26 de setembro a 23 de novembro

60 horas

En liña

Curso de prevención de riscos laborais en liña para traballadores autónomos. Nivel básico

Aula virtual

17 de outubro a 23 de novembro

35 horas

 

 

Xornadas técnicas

Estas actividades formativas están enfocadas ao coñecemento de aspectos puntuais ou novos relacionados coas distintas especialidades preventivas e nos diferentes sectores produtivos ou por riscos específicos, así como a presentación de nova documentación e resultados obtidos en proxectos de investigación aplicada ou estudos sectoriais.

O seu obxectivo é o de proporcionar formación de calidade encamiñada á mellora do nivel de coñecemento técnico en prevención de riscos laborais.

Das 14 xornadas técnicas programadas, 5 delas terán lugar en cada un dos meses de setembro e outubro e 4 en novembro. O Centro Issga da Coruña acollerá 5 delas, 2 os Centros ISSGA de Lugo e Ourense e 3 o de Pontevedra, mentres que as dúas restantes terán lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá (Lugo) e no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia (Ourense) co fin de achegar a formación a aquelas zonas que teñen unha especial vinculación co obxecto da respectiva xornada.

 

Nome

Lugar

Datas

Presentación da Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro

Centro Issga da Coruña

22 de setembro

Presentación da campaña “Alerta ISSGA, pode haber amianto”

Centro Issga da Coruña

29 de setembro

A xestión interdisciplinar da enfermidade profesional

Centro Issga da Coruña

18 de outubro

Protección da maternidade no ámbito laboral

Centro Issga da Coruña

27 de outubro

PRL no sector de transporte por estrada. Riscos específicos dos condutores profesionais

Centro Issga da Coruña

16 de novembro

Risco de caídas de altura

Centro Issga de Lugo

27 de setembro

Traballos saudables en cada idade. Idade e diversidade: impacto na xestión de PRL

Centro Issga de Lugo

19 de outubro

Operacións de maior risco na actividade forestal: descrición, riscos e medidas preventivas

CFEA de Becerreá

30 de novembro

Risco de caídas de altura

Centro Issga de Ourense

28 de setembro

Protección da maternidade no ámbito laboral

Centro Issga de Ourense

26 de outubro

Operacións de maior risco na actividade forestal: descrición, riscos e medidas preventivas

IES Cidade de Antioquia de Xinzo de Limia

23 de novembro

Cumprimento normativo das persoas xurídicas en PRL. Responsabilidade penal

Centro Issga de Pontevedra

26 de setembro

Traballos saudables en cada idade. Idade e diversidade: impacto na xestión de PRL

Centro Issga de Pontevedra

20 de outubro

O cancro de orixe laboral

Centro Issga de Pontevedra

30 de novembro

 

Para unha maior información e formalizar as inscricións relacionadas con estas actividades formativas pódese consultar o apartado de formación da nosa páxina web.

A Lei de prevención de riscos laborais establece a obriga de proporcionar aos traballadores a formación suficiente e axeitada sobre os riscos que afectan aos seus postos de traballo. Así mesmo, a lei encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto aos empresarios e traballadores, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das condicións de traballo. Deste xeito, a formación constitúe unha das ferramentas máis axeitadas para implantar na sociedade unha auténtica cultura da prevención.