Hoxe reuníronse os membros do grupo de traballo de prevención de riscos laborais no sector forestal do ISSGA


Santiago, 18 de xullo de 2017. Esta mañá tivo lugar no edificio IGAPE_ISSGA no Complexo Administrativo de San Lázaro unha nova xuntanza dos membros deste grupo de traballo que ten como obxectivo a realización de actuacións que permitan mellorar as condicións laborais dos traballadores deste sector.

Este grupo de traballo continúa a traballar na elaboración de documentos técnicos conxuntos, avanzando na elaboración das fichas sobre árbores sentadas ou apoiadas, nas que se indican recomendación xerais e específicas para a correcta realización destes traballos e se lembran os aspectos máis importantes que se deben ter en conta nestas actividades. Tamén se está a deseñar unha placa con recomendacións en casos de emerxencia.

Estas accións encádranse dentro das actuacións programadas para a elaboración de diversos documentos que permitan reducir a sinistralidade deste sector.